PROXECTO PLANTANDO ÁRBORES - Afundación
Obradoiro de mural exterior con pintura fotocatalítica e elaboración de bolsas de tea. Unha proposta súper creativa de Afundación.
PROXECTO PLANTANDO ÁRBORES - Afundación
Obradoiro de mural exterior con pintura fotocatalítica e elaboración de bolsas de tea. Unha proposta súper creativa de Afundación.
Hoxe, día 25 de novembro, conmemoramos O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Toda a Comunidade Educativa do noso centro fixo un alegato por todas e cada unha desas mulleres vítimas da violencia. Queremos e unímonos CONTRA A VIOLENCIA en todo o mundo¨ cos seguintes actos:
- MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
- DECORACIÓN DAS PORTAS DAS AULAS
- OBRADOIRO DE MANUALIDADES.
- CANCIÓN "PUERTA VIOLETA" DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
Hoxe, 20 de novembro celebramos o "DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA", e por iso, no noso cole quixemos facer visible esta causa, á cal nos unimos por un mundo mellor.
O venres, día 1a de novembro celebramos UN MAGOSTO cunha xornada de XOGOS POPULARES, no tempo de lecer, DÍA DO PEÓN, despois do tempo de lecer DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS e moita, moita festa.
Celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES no noso cole coa posta en marcha das mochilas viaxeiras "lecturas en familia", contacontos, obradoiros de manualidades... e con moitas gañas de ler.
Ola rapazada, como xa sabedes, como participantes en todas e cada unha das conmemoracións realizadas, dende o 23 de outubro ata o día 31 celebramos O SAMAÍN con moitas actividades, deixámosvos un vídeo para que as vosas familias poidan desfrutar de todas elas.
CONTACONTOS na nosa biblio por parte dos nenos/as de 3° E.P