OBRADOIRO EDUCATIVo SOBRE RECICLAXE: PARTICIPACIÓN NO CONCURSO PILABOT
Recollida de pilas por parte de toda a Comunidade Educativa, charla - obradoiro sobre a reciclaxe.
OBRADOIRO EDUCATIVo SOBRE RECICLAXE: PARTICIPACIÓN NO CONCURSO PILABOT
Recollida de pilas por parte de toda a Comunidade Educativa, charla - obradoiro sobre a reciclaxe.
Como
motivo da celebración do 187º aniversario do nacemento dunha das
figuras culturais máis importantes, hoxe homenaxeamos non noso centro a
Rosalía de Castro con obradoiros, curtametraxes e a realización dunha
Unidade Didáctica para o coñecemento da súa vida e obra. ![]()
![]()
![]()
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O vindeiro 8 de marzo de 2024 celébrase O DÍA INTERNACIONAL DA
MULLER, e que mellor forma de facelo, que desfrutando toda a Comunidade
Educativa dunha sesión de MONICREQUES con MARISA IRIMIA. ANIMÁDEVOS!!!!
Nenos/as de 4°, 5° e 6° de E.P desprazáronse ó Auditorio Gustavo Freire de Lugo para disfrutar dunha obra de teatro en Inglés titulada "HELP". Actividade programada por AFUNDACION
Nenos/as de 3° e 4° de E.P desprazáronse ó Auditorio Gustavo Freire de Lugo para disfrutar dunha proposta escénica sobre o autismo, titulada "HUGO" ". Actividade programada por AFUNDACION.
O día 22 de maio, os nenos/as de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria xunto coas súas titoras e a coidadora visitaron o mercado local de Rábade. Mercaron produtos da tempada para plantar no seu horto. Repetiremos!
Os
nenos/as do noso cole disfrutan de MERENDAS SAUDABLES no tempo de lecer
grazas ó PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS E LÁCTEOS. FOGGA
PDI.: "AS VIAXES DE RABADÍN POR ÁFRICA"
Dende
o día 18 ata o 20 de decembro celebraremos o NADAL con obradoiros,
obras de teatro, decoracións navideñas, cantos de nadal e para rematar o
día 21 unha gran festa de fin de ano. BOAS FESTAS A TOD@S!!
OBRADOIRO DE CHAPAS, DECORACIÓN DE ÁRBORES DE NADAL
Co
motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con
Discapacidade, o xoves día 30 tivemos a visita do clube de Baloncesto
"FUNCAS DIVERSIA" e o venres día 1 de decembro XOGOS PARALÍMPICOS E SENSORIAIS con todos os nenos/as do centro. Asemade, o venres todos os
nenos/as asistiron con calcetíns diferentes. "TODOS IGUAIS, TODOS
DIFERENTES" Unha forma de unirnos á loita pola diversidade, inclusión e igualdade de oportunidades