miércoles, 26 de noviembre de 2025

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25N)

  OBRADOIRO 3D: "IMÁN LAZO VIOLETA"

Con motivo do 25 de novembro, "Día Internacional contra a Violencia de Xénero", o centro desenvolveu varias actividades co obxectivo de promover o respecto, a igualdade e a convivencia positiva. Charla informativa sobre Igualdade para os nenos/as de 5º e 6º E.P, obradoiro creativo con bolis 3D "Lazo violeta" e obradoiro de manualidades para a construción da "Árbore 25N" con follas e mensaxes en cada unha delas.💜💜💜











CONTACONTOS sobre a IGUALDADE para E. Infantil: " A SORPRESA DA PRINCESA"
 
 
TEATRO "A XANELA DE MAXÍN": PASANDO A BOLA, XOGANDO PARA CAMBIAR... Unha actividade programada dende 3º ata 6º de Educación Primaria co fin de previr o ACOSO ESCOLAR. 
 


 
 
 
 

jueves, 13 de noviembre de 2025

BIBLIOTECA CREATIVA - OBRADOIROS


OBRADOIRO CON BOLIS  3D "LAZO VIOLETA"  E DE MANUALIDADES PARA A CONSTRUCIÓN DA "ÁRBORE 25 N" 


ROBÓTICA


                        REALIDADE AUMENTADA



                            MAKEY MAKEY

PARCHES PIRATAS POLO DÍA DA DISCAPACIDADE.


Despertando a imaxinación: construímos con LEGOS.



XOGOS DE CONSTRUCCIÓN E IMAXINACIÓN

OBRADOIRO DE IGUALDADE PROMOVIDO POLO CONCELLO DE RÁBADE


MURAIS CREATIVOS NOS DISTINTOS ESPAZOS DO CENTRO.

O alumnado do centro realizaron murais creativos nos distintos espazos do centro. A actividade desenvolveuse baixo a proposta e a guía da mestra de Plástica e Música, Paula, quen acompañou todo o proceso creativo, desde as primeiras ideas ata o resultado final. 








miércoles, 5 de noviembre de 2025

MAGOSTO - DÍA DO PEÓN

 O día 14 de novembro celebramos o MAGOSTO e o día do Peón no noso centro con obradoiros de manualidades, chocolatada, degustación de castañas, baile do peón e para rematar xogos populares e tradicionais coa axuda dos nenos/as de 5º e 6º E.P.  Unha mañá na que combinamos convivencia, xogos e tradición.






viernes, 24 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 25

 Arrinca a Viaxe da Lectura!

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares!
Fixemos entrega das Mochilas Viaxeiras a todos os cursos de Educación Infantil e Primaria e contamos contos das novidades lectoras. 
Comeza oficialmente a viaxe de lectura en familia! Agardamos que vos guste moito e que todas as familias desfrutedes desta fermosa iniciativa.




PRÉSTAMOS



BOAS LECTURAS!! 


domingo, 19 de octubre de 2025

SAMAÍN - HALLOWEEN 2025

 O día 30 de outubro, celebramos a festa de SAMAÍN, con caracterizacións, decoracións, sombreiros terroríficos, obradoiros de manualidades, novidades lectoras e cine de medo. 







martes, 17 de junio de 2025

P.D.I.: OCEANÍA

 Para rematar este curso, publicamos todos os traballos realizados no proxecto OCEANÍA.




viernes, 13 de junio de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 


DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O día 5 de xuño celebramos o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, con distintas actividades. Os nenos de Educación Infantil coa axuda das súas titoras colocaron unha casiña de paxaros nunha das árbores do centro, asemade, todos os nenos/as de primaria levaron para a casa unha planta que eles mesmos cultivaron, regaron e coidaron dela ata o día de hoxe.



miércoles, 14 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

 Ola familias! o próximo 20 de MAIO (martes), dentro do programa LECTURA E FAMILIAS, contaremos coa presenza da CAXOTO, unha sesión chea de música, diversión, emocións, aventura e aprendizaxe. ANIMÁDEVOS!!!



O longo da semana das LETRAS GALEGAS todos os nenos/as de Infantil e Primaria decoraron uns estoxos de tela con rotuladores téxtiles.Dita decoración estivo relacionada coas "PANDERETEIRAS DE MENS" , un grupo de mulleres labregas ás que a RAG adica o día das Letras Galegas.