lunes, 30 de enero de 2023

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 23

Hoxe celebramos no noso cole o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ, e que  mellor xeito de facelo, organizando un mercadillo solidario  "UNIDOS CON UCRAÍNA"

O obxectivo principal desta actividade foi promover a solidaridade e a cooperación a través da obtención de fondos para unha boa causa (Guerra de Ucraína)

Un gran participación e colaboración por parte das familias e de toda a Comunidade Educativa en xeral, todo un éxito.

Toda a recaudación (400€) doarase a CÁRITAS (San Vicenzo de Rábade) para axudar a todos eses ucraínos/as que debido a guerra están en campos de refuxiados)

  RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

  MERCADILLO SOLIDARIO


 CHARLA IMPARTIDA POR CÁRITAS - LUGO

Onte 2 de febreiro, Tivemos a visita  de Mónica Yáñez Devesa (Secretaria Xeral de Cáritas Lugo) e Teresa Novo Veiga (Xestión e Administración Cáritas Lugo) debido o noso recente I MERCADILLO SOLIDARIO: UNIDOS CON UCRAÍNA.

A organización deste evento solidario, na que colaboraron todas as familias e participou toda a Comunidade Educativa, fixo que se recaudaran 400€, cantidade doada a esta organización e encargada de enviar a Ucraína.
Grazas pola charla impartida os nenos/as de 5º e 6º, polos agasallos entregados os mesmos e pola axuda prestada a todas esas persoas en situación de vulnerabilidade. 🫶❤️


GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!


martes, 24 de enero de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

 Por unha educación Inclusiva, Equitativa e de Calidade (ODS nº4)

"Invertir nas persoas, priorizar a educación" 💓💓
  24/01/2023
 

sábado, 17 de diciembre de 2022

NADAL 2022

CHEGOU O NADAL ó noso cole, e con el as decoracións, obradoiros, cantos de nadal e moitas actividades máis que culminarán co festival o día 22 de decembro. Espero que o desfrutedes! 😚

ITINERARIO ACTIVIDADES NADAL

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS


 DECORACIÓN DOS DISTINTOS RECUNCHOS ESCOLARES


OBRADOIRO DE TATUAXES DE NADAL

 

LECTURAS DIVERTIDAS, SESIÓNS DE CINE, XOGOS MANIPULATIVOS

Puede ser una imagen de 5 personas y texto 

 

FESTIVAL DE NADAL 

 


 BOAS FESTAS A TOD@S!

miércoles, 7 de diciembre de 2022

SOLUCIÓNS TRANSFORMADORAS = DESENVOLVEMENTO INCLUSIVO

 O día 3 de decembro conmemoramos no noso centro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade con distintos obradoiros e curtametraxes.

 O obxectivo fundamental é visibilizar o noso apoio a INCLUSIÓN SOCIAL destas persoas , promover os seus dereitos e benestar en cada ámbito da sociedade, baixo o lema " A innovación para impulsar un mundo accesible e equitativo" e non deixar ninguén atrás.



 

A INCLUSIÓN É COUSA DE TOD@S!


domingo, 27 de noviembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O venres 25 de novembro celebramos o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" con distintos obradoiros e actividades para concienciar a todos os nenos/as da importancia da igualdade e o respeto entre todas as persoas. 💜

-Obradoiro de chapas

- Actividades de aula relacionadas coa temática

- Conto de "Maruxa" editorial OQO e elaboración de boliños de pan (Educación Infantil)


NORABOA A TOD@S!

viernes, 18 de noviembre de 2022

EDUCACIÓN STEM - B- CREATIVA

MULLERES CIENTÍFICAS DE TODO O MUNDO.

(nenos/as 5ºE.P)





PRÁCTICAS DE LABORATORIO SOFRE O MOFO 

(5º E.P)


CREACIÓN DUN FOGUETE ESPACIAL

(5º E.P)


MANIPULACIÓN, CREACIÓN E IMAXINACIÓN

ELABORACIÓN DE BOLOS DE PAN CON MASA MADRE NATURAL. (5º E.P) INVESTIGACIÓN
 

CONSTRUCIÓN, MANIPULACIÓN E CREACIÓN