domingo, 3 de abril de 2022

PLAN LECTOR: HORA DE LER!

O venres día 1 de abril os nenos/as de 6º de Educación Primaria tiveron un encontro  coa escritora do libro "ZOA E AZOR", An Alfaya. Un libro incluído dentro do Plan Lector para o fomento da lectura.

An Alfaya contoulles moitas anécdotas,  entre elas, en que se inspirou para redactalo, que pretendía contar, as súas experiencias ó escribilo, debateron sobre o protagonista do conto, sobre o resto das personaxes.... e para rematar asinoulles os seus libros e escribiulles unha dedicatoria.

Unha aprendizaxe activa e significativa e unha xornada moi especial.

 Grazas pola túa visita.



                                                               😍😍😍😍👏👏👏

No hay comentarios:

Publicar un comentario