viernes, 25 de febrero de 2022

ENTROIDO 2022

 O día 25 de febreiro culminamos a festa do ENTROIDO cunha morea de actividades realizadas ó longo da semana:

- Decoración de espazos comúns do centro.

- Manualidades nas aulas en relación coa conmemoración.

-Realización das Tanxugueiras a modo de entroido.

- Realización do Meco "Covid-19"

O día 25 todos os nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria asistiron o cole disfrazados de forma libre e queimamos o Meco.





                                                

                                                            

                                                            
                                                        




miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe, día 23 de febreiro celebramos no noso cole o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, unha escritora galega que merece ser recordada en todos os ámbitos, e moito máis, no noso.

Unha celebración con moitas actividades dinamizadoras relacionadas coa vida e a obra desta escritora galega: obradoiro de impresión 3D, manualidades, vídeos, lecturas, poemas... e ata se animaron os nenos/as de 6º de Educación Primaria a cantar "MALAXENTE", unha versión do hit do momento "Malamente" co poema "Castellanos de Castilla" de Rosalía de Castro





NORABOA A TOD@S!! 💓💓


CALENDARIO OBRADOIRO IMPRESIÓN 3D


 ROSALÍA DE CASTRO

UNIDADES DIDÁCTICAS

COÑECENDO A ROSALÍA

POEMAS E CANTARES GALLEGOS



miércoles, 9 de febrero de 2022

BIBLIOTECA CREATIVA- ESPAZO MAKER 21/22

O espazo maker e a súa utilización supón :

– Unha  metodoloxía activa e de carácter eminentemente práctico, que empodera aos nenos/as. Eles falan, escóitanse e toman decisións dentro do grupo. Aprenden facendo! 

– Os nenos/as  equivócanse  e aprenden dos  seus erros, melloran  os seus diseños partindo deses erros e xestionan a frustración, desenvolvendo  a capacidade de seguir adiante, con perseverancia, e entenden o fracaso como parte normal e precisa  do aprendizaxe. É o sistema de ensaio - erro.

– Estes espazos facilitan a inclusión, por medio de los diferentes papeis que os nenos/as  poden desempeñar dentro dos grupos, é un aprendizaxe cooperativo no que se fomenta o sentimento de comunidade, a tolerancia e o respeto.

– Motívanse  aos alumnos/as con obxectivos e temáticas interesantes para eles, ligadas ó mundo real e a problemas existentes. Os alumnos involúcranse. Construír algo que lles gusta  fainos sentir orgullosos. Mellora a súa concentración e  invítaos a preguntar, fomentando a súa  creatividade, a curiosidade e a cultura emprendedora, mediante o pensamiento lóxico e a experimentación, animándoos a investigar.

– Serve para todas as idades. Inclúe  as TICS , sendo moi útiles para desenvolver a competencia dixital e a tecnolóxica dos alumnos/as . 

– Todo isto,  implica un aumento da autonomía dos nenos/as , da súa autoestima e,  nunha mellora do  comportamento. Contribúe ó desenvolvemento da capacidade de resolución de problemas, do seu pensamento crítico e  das súas habilidades comunicativas,   persoais e emocionais.

– Presencia, polo tanto, as catro Cs fundamentais na educación: curiosidade, creatividade, competencias e cooperación. Ademais de moitas outras ventaxas para os nenos/as  do século XXI.























FOMENTO DA LECTURA. HORA DE LER