viernes, 24 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

  O día 23 de febreiro de 2023, co gallo de celebración do DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, organizamos obradoiros de arcilla polimérica, nos cales cada neno/a fixo un chaveiro ca letra "R", manualidades sobre poemas desta escritora , canto do poema "O MOUCHO" versionado por MIGALLAS  ( Educación Infantil) e àra rematar leváronse a cabo as  finais do 3ºTORNEO DE BRILÉ, cuios ganadores foron os nenos/as de 6º curso de E.P.




NORABOA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLO TRABALLO REALIZADO!!

miércoles, 15 de febrero de 2023

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 Se queredes coñecer o noso centro, convidámosvos ás XORNADAS DE PORTAS ABERTAS o 28 de febreiro e/ou o 7 de marzo de 14:30h a 15:30h. Esperámosvos!!! 😘😘

 


DÍA DE SAN VALENTÍN

 Obradoiro realizado polos nenos/as de 1º e 2º de Educación Primaria polo día dos NAMORADOS!

FELIZ DÍA DE SAN VALENTÍN (14/02/2023)



domingo, 5 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023

Co gallo de celebración do ENTROIDO, dende o día 13 ata o día 17 de febreiro, ambos incluídos, festexaremos por todo o alto esta conmemoración con moitas actividades:

- SEMANA ENTROIDEIRA

-OBRADOIROS

- CONTOS

- MÚSICA

- REALIZACIÓN DE DISFRACES EN EDUCACIÓN INFANTIL RELACIONADOS CO PROXECTO E MOITA FESTA ...

- DECORACIÓN DE ESPAZOS COMÚNS DO CENTRO.

- DESFILE, LECTURA DO TESTAMENTO, QUEIMA DO MECO, MÚSICA E MOITA FESTA.

- E PARA REMATAR... MENÚ DE ENTROIDO NO COMEDOR: SOPA DE COCIDO, COCIDO E FILLOAS!!


 
BO ENTROIDO A TOD@S!

sábado, 4 de febrero de 2023

FOMENTO DA LECTURA: HORA DE LER

Os nenos/as de 5º de E.P na área de Lingua Galega aventuráronse a ler "Escarlatina a cociñeira defunta" e tanto lles gustou, que se puxeron mans á obra nas súas casas,  coa axuda das súas falmilias, e elaboraron algunhas das receitas propostas neste libro. Uns auténticos/as CHEFS!

Aquí vos deixo este vídeo para que vexades que pintas tiñan todas elas! Grazas ás familias pola vosa implicación! Así da gusto traballar!


 Xa sabedes, se estes doces queredes comer ... o libro teredes que ler!  Animádevos!😊

 

--------------------------------------------------------------------

OBRADOIRO "TIRAS CÓMICAS"

Un estupendo medio de aprendizaxe e entretenemento entre outros moitos beneficios.