BO VERÁN A TOD@S!
jueves, 16 de junio de 2022
"CADA VERÁN TEN A SÚA HISTORIA"
BO VERÁN A TOD@S!
miércoles, 1 de junio de 2022
PDI.: AS VIAXES DE RABADÍN POR AMÉRICA
Durante o curso 21/22 no noso centro traballamos a reo no proxecto: "As viaxes de Rabadín por América"
Un proxecto proposto dende a biblioteca e sobre o cal se organizan todas as actividades e celebracións, así como coas distintas áreas do currículo.
Todos os nenos/as de Educación Infantil e Primaria coa axuda de todo o profesorado buscaron información, investigaron, leron contos, fixeron obradoiros de manualidades, de impresión 3D... sobre os países escollidos por eles mesmos do continente americano. Deixámosvos un vídeo con todos os traballos realizados.
Noraboa a tod@s polo esforzo, a ilusión, a colaboración e o traballo en equipo.
viernes, 13 de mayo de 2022
LETRAS GALEGAS 2022
Hoxe, co gallo do día das LETRAS GALEGAS 2022 os nenos/as do noso cole celebrárono con moitas actividades:
NORABOA A TOD@S!
jueves, 12 de mayo de 2022
CAMIÑO DE SANTIAGO 2022
Neste curso, novamente, comezamos a realizar o CAMIÑO DE SANTIAGO por etapas co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
Unha experiencia inolvidable para os nenos/as que o realizan no medio natural.
O Luns día 21 de febreiro fixose entrega duns agasallos (cantimploras, camisetas, mochilas, gorras...) procedentes da S.A Xestión do Xacobeo a todos aqueles nenos/as e profesoras que realizan neste curso o Camiño de santiago.
1ª ETAPA: LUGO - BACURÍN (10/02/22)
sábado, 23 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO 2022
O día 22 de abril co gallo do DÍA DO LIBRO organizamos no noso centro o I ROTEIRO LITERARIO coa colaboración dos nenos/as de 6º curso (voluntariado da biblioteca)
Tendo en conta que a lectura, segundo a ciencia ten unha morea de beneficios, o longo desta xornada todos os nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria desfrutaron de varias sesións de contacontos, audiocontos, vídeocontos e contos cooperativos.
Unha actividade realizada con moito esforzo e ilusión por toda a Comunidade Educativa, pero que resultou ser todo un éxito.
NORABOA A TOD@S! LER É UN PRACER!
miércoles, 20 de abril de 2022
VIAXE CULTURAL: "O VALADOURO"
O día 19 de abril todos os nenos/as de 5º e 6º de Educación Primaria fixeron unha viaxe cultural a "O VALADOURO" acompañados polas súas titoras e o mestre de Educación Física.
Unha viaxe totalmente gratuíta concedida e incluída na programación de Bens de Interese Histórico e Cultural da Deputación de Lugo.
Unha xornada de aprendizaxe na natureza onde descubriron os encantos deste concello da Mariña interior. (Monumentos históricos, xardíns históricos, rutas de senderismo...)
👋👋👋😍😍😍
domingo, 3 de abril de 2022
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
II CARREIRA SOLIDARIA: "KM DE SOLIDARIDAD"
O día 7 de abril co gallo do Día Mundial da Saúde organizamos no noso centro a II CARREIRA SOLIDARIA "KM DE SOLIDARIDAD" coa colaboración de Save the Children, unha ONG que recauda fondos para a supervivencia dos nenos/as no corno de África.
Grazas a colaboración de todas as familias que participaron para que estes nenos/as teñan unha vida un pouco mellor!
OBRADOIROS DE IGUALDADE
O longo desta semana realizáronse diferentes obradoiros de Igualdade en Educación Infantil e Educación Primaria (1º -4º) coa colaboración do Concello de Rábade. O obxectivo principal era rachar con estereotipos e roles de xénero que seguen presentes na sociedade e sobre o traballo igualitario nas tarefas do fogar, todo isto a través do conto e do teatro. Unha formación moi fortificante.
💓👋👋
PLAN LECTOR: HORA DE LER!
O venres día 1 de abril os nenos/as de 6º de Educación Primaria tiveron un encontro coa escritora do libro "ZOA E AZOR", An Alfaya. Un libro incluído dentro do Plan Lector para o fomento da lectura.
An Alfaya contoulles moitas anécdotas, entre elas, en que se inspirou para redactalo, que pretendía contar, as súas experiencias ó escribilo, debateron sobre o protagonista do conto, sobre o resto das personaxes.... e para rematar asinoulles os seus libros e escribiulles unha dedicatoria.
Unha aprendizaxe activa e significativa e unha xornada moi especial.
Grazas pola túa visita.
😍😍😍😍👏👏👏
viernes, 11 de marzo de 2022
PROXECTO TERRA
"Eu son inspectora urbanística. Coida do territorio, coida do teu"