martes, 3 de marzo de 2020

OBRADOIRO "BROCHETAS DE FROITA"



O mércores, 19 de febreiro os alumnos de Educación Infantil fixeron un obradoiro de brochetas de froitas. Utilizaron os seguintes ingredientes: plátanos, amorodos, kiwis. peras e mazás. Despois de cortar as froitas en anacos pequenos, foron meténdoas no pincho e para rematar degustaron cada un a súa brocheta.







As pegadas no camiño

                                         AS PEGADAS DO CAMIÑO


Os alumnos/as de 5º e 6º do CEIP Otero Pedrayo de Rábade xunto con tres profesores do Centro, Chus Espiño, Aurora e Tena están a facer o Camiño de Santiago.

Este ano correspóndelle o tramo dende MELIDE a SANTIAGO.

Esta actividade ten como obxetivos : 
-Potenciar e difundir os camiños 
- Para que dende idades temperás realicen exercicio físico vendo e descubrindo outras realidades e formas de entreterse nos seus momentos de ocio.
-Para descobrir os fermosos recunchos da Ruta Xacobea, 
-Palpar a fraternidade que se respira entre peregríns,
 -Promover as actitudes respetuosas co Patrimonio Cultural e Natural do Camiño 
 -Descubrir Santiago como capital galega mundialmente coñecida dende a Idade Media.

Outro aspecto a ter en conta é o traballo realizado polos nenos antes, durante e despois de cada etapa.
Fan actividades de búsqueda de información de paraxes, monumentos, entorno natural por onde transcurre a etapa, o perfil, provincias que atravesan, etc
Sellan as suas credenciales, sacan fotos, observan, conviven, nunha palabra empápanse de todo o que conleva o Camiño.

Comenzamos o día 19 de Febreiro-2020 coa etapa Melide-------Ribadiso.
Día 18 de Marzo teremos a segunda dende Ribadiso-------Salceda.

E así pasiño a pasiño ata chegar en Xuño a Santiago, onde recibirán a Compostela os nenos de 6º de primaria.


         Resultado de imagen de pisadas             BO CAMIÑO !





jueves, 6 de febrero de 2020

                       
 
                                                MARIÑEIROS  POR  UN  DÍA

Alumnos de 5º e 6º de Primaria


Hoxe imos ir a FERROL
A facer de mariñeiros
 Comenzaremos no porto vendo e analizando os barcos de pesca e tamén os aparellos que levan para pescar.
Despóis pasamos a lonxa onde un atento señor explicounos que se fai co peixe e mariscos dende que os barcos o descargan.
Pasamos a uns conxeladores e a unha depuradora dos bivalvos.
Tamén tivemos nas nosas mans diferentes especies de moluscos e peixes.
O seguinte paso era ir a un mercado do peixe onde as peixeiras ensináronos: os polvos, as raias, lubinas, douradas, calamares, chocos, langostas, percebes, ostras, mexilóns...e un sinfín de peixes e mariscos.
E para rematar o día mariñeiro fomos a unha degustación de productos do mar.
O menú consistiu en: 1º prato. Un anaco de pescada con tomate cherry á prancha
                                   2º prato. Hamburguesa de pescado
                                   Postre . Iogurt de vainilla.
Despóis de tantas emocións regresamos ao colexio agardando pola seguinte saída cultural.