SEMANA DE CONTACONTOS, CINE, PHOTOCALL, DECORACIÓN DE DISTINTOS RECUNCHOS, OBRADOIROS DE CATRINAS, PONCHE SANGUENTO E CARACTERIZACIÓNS MOI ORIXINAIS.
SEMANA DE CONTACONTOS, CINE, PHOTOCALL, DECORACIÓN DE DISTINTOS RECUNCHOS, OBRADOIROS DE CATRINAS, PONCHE SANGUENTO E CARACTERIZACIÓNS MOI ORIXINAIS.
O luns día 25 de Outubro celebramos o día das " Bibliotecas Escolares" no noso centro. Foi un día moi especial para tod@s xa que, como indicamos no seguinte enlace, estará cheo de actividades e emocións.
Este día inauguramos o noso novo ESPAZO MAKER, incluído na biblioteca e con moitos recunchos de aprendizaxe tras o lema "APRENDEMOS CREANDO"
Asemade fixemos entrega das MOCHILAS VIAXEIRAS 21/22 a E. Infantil e E. Primaria.
Repartimos bolsas a todos e cada un dos nenos/as de Educación Infantil, incluídas no programa de fomento da lectura "HORA DE LER" e doadas pola Asesoría de Bibliotecas de Galicia.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE FAMILIAS!
Entrega de agasallos aos 10 finalistas no VIII Certame de Debuxo sobre o baile e os instrumentos da música tradicional, organizado por Tradescola coa colaboración da Área de Cultura da Diputación de Lugo. Moitos parabéns á paticipante galardoada do noso centro!! María eres unha artista!!
NORABOA!!!
O alumnado de 2º curso xunto coa súa mestra, realizaron un OBRADOIRO de pintado de camisetas. Cada un escribiu o nome do resto dos seus compañeir@s na súa camiseta. Todo un reto e que ben lles quedaron!!👋
Unha boa forma de conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente (5/06/2021) é contribuír ao coidado da nosa natureza e loitar contra o cambio climático. Se todos poñemos da nosa parte, con proxectos e iniciativas propias, lograremos un futuro máis sostible.
Dende o noso centro quixémolo celebrar de varias maneiras: recollemos lixo dos nosos espazos verdes, realizamos actividades na natureza e fixemos un mural con distintos traballos realizados polo noso alumnado.