jueves, 8 de febrero de 2024

SAÍDAS CULTURAIS 23-24

Nenos/as de 4°, 5° e 6° de E.P desprazáronse ó Auditorio Gustavo Freire de Lugo para disfrutar dunha obra de teatro en Inglés titulada "HELP". Actividade programada por AFUNDACION

Nenos/as de 3° e 4° de E.P desprazáronse ó Auditorio Gustavo Freire de Lugo para disfrutar dunha proposta escénica sobre o autismo, titulada "HUGO" ". Actividade programada por AFUNDACION.

 

O día 22 de maio, os nenos/as de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria xunto coas súas titoras e a coidadora visitaron o mercado local de Rábade. Mercaron produtos da tempada para plantar no seu horto. Repetiremos!

 



PROGRAMA FROITA FRESCA E LÁCTEOS - FOGGA

 Os nenos/as do noso cole disfrutan de MERENDAS SAUDABLES no tempo de lecer grazas ó PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS E LÁCTEOS. FOGGA


jueves, 1 de febrero de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 PDI.: "AS VIAXES DE RABADÍN POR ÁFRICA"


  RECOMENDACIÓNS LECTORAS


II MERCADILLO SOLIDARIO: "PALIEMOS A FAME EN ÁFRICA"
O día 30 de xaneiro, co motivo de celebración do DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ organizamos no noso centro un mercadillo solidario co obxectivo de recaudar fondos para paliar a fame en África. Os fondos recaudados (360€) doáronse a SAVE THE CHILDREN. Grazas as familias por colaborar!
 
 


miércoles, 13 de diciembre de 2023

NADAL 2023

 Dende o día 18 ata o 20 de decembro celebraremos o NADAL con obradoiros, obras de teatro, decoracións navideñas, cantos de nadal e para rematar o día 21 unha gran festa de fin de ano. BOAS FESTAS A TOD@S!!


OBRADOIRO DE CHAPAS, DECORACIÓN DE ÁRBORES DE NADAL



CONCURSO DE POSTAIS  DE NADAL 
CONCELLO DE RÁBADE


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL
                            



PROGRAMACIÓN NADAL (21 DE DECEMBRO)

domingo, 3 de diciembre de 2023

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Co motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o xoves día 30 tivemos a visita do clube de Baloncesto "FUNCAS DIVERSIA" e o venres día 1 de decembro XOGOS PARALÍMPICOS E SENSORIAIS con todos os nenos/as do centro. Asemade, o venres todos os nenos/as asistiron con calcetíns diferentes. "TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES" Unha forma de unirnos á loita pola diversidade, inclusión e igualdade de oportunidades


                                       

                                                            💜💜💜💜
 

miércoles, 29 de noviembre de 2023

OBRADOIROS 23-24

CONSUMO RESPONSABLE
O día 5 de novembro, realizáronse varios obradoiros con todos os nenos/as do noso relacionados CO CONSJMO RESPONSABLE: "XOGUETES DE NADAL" e impartidos pola Escola Galega de Consumo.


CIBERSEGURIDADE

Música e ilustracións por parte de
"POLO CORREO DO VENTO - AMTEGA" para concenciar ós nenos/as de 3°, 4° e 5° de E.P, do perigo que conleva un mal uso das redes.


CORRESPONSABILIDDADE
Hoxe, 29 de novembro, os Bolechas fixéronnos unha visita divertida e o mesmo tempo, enriquecedora. Os "BOLECHAS FALAN DA FAMILIA" é unha iniciativa que pretende reforzar a diversidade familiar. Grazas as familias por asistir e compartir cos vosos fillos/as os valores de CORRESPONSABILIDADE.


IGUALDADE
Obradoiros de IGUALDADE: "RELACIONÁNDOME EN IGUALDADE" en Ed. Infantil, 1° e 2° de Ed. Primaria, impartidos por Raquel Lombao Fernández, Psicóloga Sanitaria e Forense. Grazas👏👏👏💜


PROXECTO PLANTANDO ÁRBORES - Afundación

Obradoiro de mural exterior con pintura fotocatalítica e elaboración de bolsas de tea. Unha proposta súper creativa de Afundación.

MURAIS CON PINTURA FOTOCATALÍPTICA



Concerto didáctico "INSTRUMENTOS MUSICAIS - MÚSICA E EVOLUCIÓN" impartido polos músicos e investigadores Pablo Carpintero e Rosa Sánchez. Dirixido ós nenos/as de 5° e 6° de E. Primaria. Xenial! Grazas 😊😊👏👏


AUTOESTIMA
Obradoiro de Autoestima co alumnado de 6º primaria. Servizo De Prevención Condutas Adictivas

OBRADOIRO COGAMI - EDUCACIÓN INFANTIL (14 NOV)
Os nenos/as de E.Infantil participaron nun obradoiro sobre como conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade. Actividade impartida por COGAMI.


 
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS DENDE A FAMILIA
CONCELLO DE RÁBADE
 
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS 5º/6º E.P
EDUCACIÓN VIAL (todo o alumnado)
Xornada de Educación Vial impartida pola Garda Civil de Tráfico de Lugo para todo o alumnado do noso cole. Un programa para unha movilidade segura e sostible. Actividade enmarcada no Plan Director de Convivencia.
 
 

 

viernes, 24 de noviembre de 2023

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Hoxe, día 25 de novembro, conmemoramos O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Toda a Comunidade Educativa do noso centro fixo un alegato por todas e cada unha desas mulleres vítimas da violencia. Queremos e unímonos CONTRA A VIOLENCIA en todo o mundo¨ cos seguintes actos:

- MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

- DECORACIÓN DAS PORTAS DAS AULAS

- OBRADOIRO DE MANUALIDADES.

- CANCIÓN "PUERTA VIOLETA" DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.



                                        💜💜💜💜


lunes, 20 de noviembre de 2023

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

 Hoxe, 20 de novembro celebramos o "DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA", e por iso, no noso cole quixemos facer visible esta causa, á cal nos unimos por un mundo mellor.








martes, 7 de noviembre de 2023

MAGOSTO 2023

 O venres, día 1a de novembro celebramos  UN MAGOSTO cunha xornada de XOGOS POPULARES,  no tempo de lecer, DÍA DO PEÓN, despois do tempo de lecer DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS e moita, moita festa.