sábado, 4 de mayo de 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

  Celebración DAS LETRAS GALEGAS 2024 no noso cole, cun obradoiro de IMPRESIÓN 3D, (marcapáxinas L.G.24), actividades interactivas sobre a homenaxeada LUISA VILLALTA e coa participación da escritora e ilustradora ESTEFANÍA PADULLÉS incluída no programa LECTURA E FAMILIAS.


 GRAZAS!!!❤

   Ola familias! o vindeiro 16 de maio, como motivo de celebración do "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" contaremos coa presenza da ilustradora ESTEFANÍA PADULLÉS. 3 sesións cheas de diversión, emocións e aventura. ANIMÁDEVOS!!😉😉😉

 



lunes, 22 de abril de 2024

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 24

 Para celebrar o DÍA DO LIBRO (23 de abril) organizamos o II ROTEIRO LITERARIO no que colaborarán as familias e o voluntariado da BIBLIOTECA ESCOLAR (nenos/as de 6º E.P)

Unha experiencia que espertou moita ilusión  por parte dos nenos/as do cole. Moitas grazas as familias pola vosa colaboración!

 

 


jueves, 18 de abril de 2024

CARREIRA SOLIDARIA 2024

O venres 5 de abril, como motivo de celebración do "DÍA MUNDIAL DA SAÚDE" e en relación no noso PDI.: "AS VIAXES DE RABADÍN POR ÁFRICA" organizamos unha CARREIRA SOLIDARIA para toda a Comunidade Educativa do centro (alumnos/as, profes e familias) en colaboración con SAVE THE CHILDREN. Os fondos recaudados enviáronse a conta de dita ONG para paliar a FAME EN ÁFRICA.


                 GRAZAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR!



jueves, 21 de marzo de 2024

AS PEGADAS NO CAMIÑO

 Charla no Auditorio de Mondoñedo "A NARRATIO XACOBEA" impartida por Alberto Cacharrón Mojón e "OS CAMIÑOS DE SANTIAGO POR LUGO" por Javier Vila.

Entrega de material para realizar o CAMIÑO DE SANTIAGO aos nenos/as de 5° e 6° de E.P aportado polo Xacobeo da Xunta.
 
ETAPAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO:
29/02/24

"LUGO - BACURIN"

BACURÍN - PONTE FERREIRA

 PONTE FERREIRA - VILOURIZ

VILOURIZ - BOENTE
BOENTE - CALZADA


DÍA DO CÓMIC 2024

 Grandes momentos de entretenemento, información e coñecemento. Na nosa biblioteca contamos cun andel no que os nosos nenos/a poden disfrutar deste xénero que tantos beneficios ten. Destacando o fomento da lectura, a alfabetización visual e a activación do pensamento.


viernes, 8 de marzo de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Como motivo de celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, organizamos as seguintes actividades:

- Realización de  distintos obradoiros de manualidades o longo desta semana.

- Búsqueda de información sobre mulleres que fixeron historia en África (relacionado con noso PDI.)

- Recomendacións lectoras.

- Dentro do programa "LECTURA E FAMILIAS"  hoxe todos os nenos/as do cole e familias asistentes contaron coa presenza de MARISA IRIMIA e a súa animación "CONTANDO CON MONICREQUES".




 FELIZ DÍA DA MULLER!!

martes, 27 de febrero de 2024

CONCURSO PILABOT - RECICLA CON ENERXÍA

OBRADOIRO EDUCATIVo SOBRE RECICLAXE: PARTICIPACIÓN NO CONCURSO PILABOT

Recollida de pilas por parte de toda a Comunidade Educativa, charla - obradoiro sobre a reciclaxe.



viernes, 23 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Como motivo da celebración do 187º aniversario do nacemento dunha das figuras culturais máis importantes, hoxe homenaxeamos non noso centro a Rosalía de Castro con obradoiros, curtametraxes e a realización dunha Unidade Didáctica para o coñecemento da súa vida e obra. ❤❤❤



martes, 20 de febrero de 2024

PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 

 O vindeiro 8 de marzo de 2024 celébrase O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, e que mellor forma de facelo, que desfrutando toda a Comunidade Educativa dunha sesión de MONICREQUES con MARISA IRIMIA. ANIMÁDEVOS!!!!

 


 

domingo, 11 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024

 

O día 9 de febreiro celebramos no cole o ENTROIDO 2024 con moita festa.
Case todos os nenos/as e mestres fumos disfrazados de AFRICANOS/AS, tema do noso PDI traballado este curso. Tamén houbo  disfraces doustras índoles.
Todo o alumnado e profesorado do cole desfilaron, bailamos "MAMÁ ÁFRICA", lemos o testamento e queimamos o MECO cuxo lema foi a FAME.


 
Bo ENTROIDO A TOD@S!🥳🥳🥳🥳🥳