domingo, 27 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O xoves, 24 de outubro, celebramos o día das Bibliotecas Escolares no noso centro. Un día especial para os nenos/as de Infantil 3 anos, xa que se encontraron ca nosa mascota "Rabadín".  Presentáronse as mochilas viaxeiras a cada un dos cursos de E. Infantil e Educación Primaria e fíxose entrega das mochilas de préstamo os nenos/as de 3 anos e os de nova incorporación. As mochilas viaxeiras comezarán a visitar os fogares a partir do luns 28 de outubro. Asemade, realizáronse sesións de contacontos para todos eles.


domingo, 6 de octubre de 2024

OBRADOIROS - BIBLIOTECA CREATIVA - POLOS CREATIVOS 24/25


INFONADAL: CHARLA E OBRADOIRO SOBRE A SEGURIDADE NOS XOGUETES. PARTICIPARON E. INFANTIL E E. PRIMARIA.


OBRADOIRO DE TATUAXES:  HALLOWEEN

OBRADOIRO IMPRESIÓN 3D "CHAVEIROS CO SÍMBOLO DA PAZ"
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA




OBRADOIRO DE CONTAS - SAN VALENTÍN


OBRADOIROS DE CIENCIA - ACTIVIDADES STEAM
Realización de máquinas simples: panca, polea e plano inclinado coa colaboración das familias.

Realización de fonendoscopios con materiais de refugallo e en colaboración coas familias.



UN GRAN TRABALLO! GRAZAS!!!

CONSELLO REGULADOR "MEL DE GALICIA"

Charla sobre o mel de Galicia a nenos nenas de 1° a 4° de E.P impartida polo Consello Regulador.


CHARLAS 24/25

 

1. CHARLA IMPARTIDA POLA GARDA CIVIL SOBRE O ACOSO ESCOLAR ÓS NENOS/AS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PLAN DE CONVIVENCIA

 


2. Charla para o alumnado de 5º e 6º E.Primaria impartida polo Servizo de Prevención de Condutas aditivas. Organizado polo Concello. Mes de novembro de 2024


3. SOMOS O QUE COMEMOS. Charla sobre como aprender a comer dende idades temperás ós nenos/as de 5° e 6° E.P

 


4. TEATRO CON "A XANELA DE MAXÍN"  basadO no libro " "A banda dos insectos" sobre o ACOSO ESCOLAR PARA NENOS/AS DE 5º E 6º E.P. (21/01/25)


1.  CONCERTO DIDÁCTICO da Escola de Música Municipal para os nenos/as de E. Infantil. 









GUÍA USUARIOS CURSO 24/25

 


miércoles, 12 de junio de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 


PDI.: AS VIAXES DE RABADÍN POR ÁFRICA

 Chegou xuño e con este mes damos por rematado todos os traballos realizados en relación co noso P.D.I. AS VIAXES DE RABADÍN POR ÁFRICA. Deixámosvos este vídeo cun resumo de todas as actividades feitas por parte de toda a Comunidade Educativa.




miércoles, 29 de mayo de 2024

OBRADOIROS CREATIVOS - ACTIVIDADES STEAM - POLOS CREATIVOS

 OBRADOIRO DE HENNA IMPARTIDO POLA NAI DE YASMINE A EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA.


  Creación dunha maqueta do APARATO DIXESTIVO polos nenos/as de 6°E.P👋


Os nenos/as de 1° e 2° de E.P participaron nun obradoiro creativo, onde elaboraron coa axuda das súas mestras, UN POLBO como celebración das festas de San Froilán. Quedoulles xenial!👌❤❤


INVESTIGACIÓN sobre os seres vivos máis lonxevos do noso planeta realizada polos nenos/as de 6°E.P.👌

 

CREATIVIDADE, CONSTRUCIÓN, IMAXINACIÓN, CONCENTRACIÓN, DIVERSIÓN, APRENDIZAXE CREATIVO NO TEMPO DE LECER.




obRADOIROS DE CIENCIAS

A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS



REALIZACIÓN DE MAQUETAS SOBRE OS 5 REINOS

Obradoiro realizado polos nenos/as de 3º de E.P


OBRADOIRO DE CIENCIAS REALIZADO POLOS NENOS/AS DE 1º E.P

Os nenos/as de 1º E.P, plantaron sementes de lentellas, millo, fabas, garavanzos..., coidaron e regaron as plantas durante unhas semanas, observando as súas partes e o seu crecemento.

sábado, 4 de mayo de 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

  Celebración DAS LETRAS GALEGAS 2024 no noso cole, cun obradoiro de IMPRESIÓN 3D, (marcapáxinas L.G.24), actividades interactivas sobre a homenaxeada LUISA VILLALTA e coa participación da escritora e ilustradora ESTEFANÍA PADULLÉS incluída no programa LECTURA E FAMILIAS.


 GRAZAS!!!❤

   Ola familias! o vindeiro 16 de maio, como motivo de celebración do "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" contaremos coa presenza da ilustradora ESTEFANÍA PADULLÉS. 3 sesións cheas de diversión, emocións e aventura. ANIMÁDEVOS!!😉😉😉

 



lunes, 22 de abril de 2024

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 24

 Para celebrar o DÍA DO LIBRO (23 de abril) organizamos o II ROTEIRO LITERARIO no que colaborarán as familias e o voluntariado da BIBLIOTECA ESCOLAR (nenos/as de 6º E.P)

Unha experiencia que espertou moita ilusión  por parte dos nenos/as do cole. Moitas grazas as familias pola vosa colaboración!

 

 


jueves, 18 de abril de 2024

CARREIRA SOLIDARIA 2024

O venres 5 de abril, como motivo de celebración do "DÍA MUNDIAL DA SAÚDE" e en relación no noso PDI.: "AS VIAXES DE RABADÍN POR ÁFRICA" organizamos unha CARREIRA SOLIDARIA para toda a Comunidade Educativa do centro (alumnos/as, profes e familias) en colaboración con SAVE THE CHILDREN. Os fondos recaudados enviáronse a conta de dita ONG para paliar a FAME EN ÁFRICA.


                 GRAZAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR!