miércoles, 14 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

 Ola familias! o próximo 20 de MAIO (martes), dentro do programa LECTURA E FAMILIAS, contaremos coa presenza da CAXOTO, unha sesión chea de música, diversión, emocións, aventura e aprendizaxe. ANIMÁDEVOS!!!



O longo da semana das LETRAS GALEGAS todos os nenos/as de Infantil e Primaria decoraron uns estoxos de tela con rotuladores téxtiles.Dita decoración estivo relacionada coas "PANDERETEIRAS DE MENS" , un grupo de mulleres labregas ás que a RAG adica o día das Letras Galegas.




VEXO, VEXO, XACOBEO

 Hoxe, os nenos/as de 4°, 5° e 6° de Ed. Primaria participaron nunha xincana de xogos relacionados co CAMIÑO DE SANTIAGO. Actividade enmarcada no pro
grama VEXO, VEXO XACOBEO.

viernes, 2 de mayo de 2025

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR 25

 Os nenos/as do CEIP Otero Pedrayo recibiu, do Concello de Rábade, exemplares do xornal El Progreso para traballar nas aulas de Educación Primaria con motivo do Día contra o acoso escolar.👋



jueves, 24 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2025

ROTEIRO LITERARIO POLO DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2025 nos distintos andares do centro e no hall de entrada do mesmo.Grazas polo esforzo e ilusión que mostráchedes!!

BOOKTUBERS (5º E.P)

Os nenos/as de 5º de Primaria, recomendaron distintos contos e  compartiron reseñas dos mesmos a través de varios vídeos.


miércoles, 9 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 25

 O día 7 de abril celebramos o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE coa exposición de FONENDOSCOPIOS realizados polos nenos/as en colaboración coas familias.  OBRADOIRO DE CIENCIA - ACTIVIDADES STEAM.





lunes, 7 de abril de 2025

DONACIÓN DE MATERIAL PARA A BIBLIOTECA ESCOLAR

 A biblioteca do Ceip Otero Pedrayo agradece á Librería Arbelos a donación deste lote de material para o disfrute de todos os nenos/as do centro. GRAZAS!!!💓


 

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO (2/04/25)

 "SOMOS INFINITOS"

Toda a Comunidade Educativa do noso centro únese para concienciar a toda a sociedade de que no hai dúas persoas con autismo iguais e por iso, cada unha precisa uns apoios especializados e adaptados a súa situación e ao seu momento vital.❤❤




sábado, 15 de marzo de 2025

SEMANA DA PRENSA

 O longo desta semana organizáronse obradoiros sobre a PRENSA. Búsqueda de palabras e información sobre as diferentes seccións dos xornais.


viernes, 7 de marzo de 2025

DÍA DA MULLER 25

 Para celebrar o Día da Muller, os nenos/as de 5° e 6° de E.P participaron nunha andaina organizada polo Concello onde houbo agasallos e chocolate con churros.
A nivel de aula realizáronse distintos traballos relacionados coa temática "CAL É A MULLER MÁIS IMPORTANTE DA MIÑA VIDA?" e curtametraxes sobre "MULLERES QUE CAMBIARON A HISTORIA"💜