jueves, 27 de abril de 2023

CONTACONTOS EN FAMILIA CON ANA MEILÁN

 Todas as familias que queirades asistir e acompañar os vosos fillos/as, podedes facelo segundo o horario que se expón no  presente cartel. Un saúdo.

 

                        ANIMÁDEVOS!!

 


 TODO UN ÉXITO! GRAZAS A ANA MEILÁN E A TODAS AS FAMILIAS POR  ASISTIR!

lunes, 10 de abril de 2023

CARREIRA SOLIDARIA EN FAMILIA 2023

" KM DE SOLIDARIDADE POLA PAZ"

Hoxe, 20 de abril de 2023,  celebramos no noso centro unha CARREIRA SOLIDARIA EN FAMILIA "KM DE SOLIDARIDADE POLA PAZ" en colaboración con Save The Children. Unha iniciativa na que participou e colaborou toda a Comunidade Educativa. Todo un éxito!!

   

GRAZAS👏👏👏👏

domingo, 2 de abril de 2023

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 Hoxe, día 2 de abril, celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o AUTISMO. Unha reflexión sobre a importancia de aceptar e respetar a diversidade e traballar xunt@s para unha sociedade máis inclusiva e xusta para tod@s! 💪💪😚

💗💗💗💗

sábado, 25 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA 2023

 O longo desta semana (6 - 10 abril) celebramos a semana da Semana da prensa con moitas actividades a nivel de aula.

Elaboración dun NOTICIEIRO con noticias do noso cole (Infantil e Primaria)

En Educación Primaria leron e buscaron noticias relacionadas coa actualidade no noso país e no continente asiático tanto no xornal como a nivel dixital. Buscaron todo tipo de xornais de todo o mundo... Proxecto no que estamos a traballar este ano "Rabadín viaxa por Asia".


jueves, 23 de marzo de 2023

CHARLA SOBRE DEPORTE E SAUDE ( CLUB DEPORTIVO LUGO)

O martes día 28 de marzo,  fixéronnos unha visita  dous xogadores do Club Deportivo Lugo.
O clube repartiu invitacións a todos os nenos/as do cole para asistir ó partido do domingo día 2 de abril no Anxo Carro "CD Lugo - Ponferradina" Grazas


👏👏👏👏

CAMIÑO DE SANTIAGO 2023

 Durante este curso 22/23 os nenos/as de 5º e 6º de Educación Primaria, realizarán de novo "O CAMIÑO DE SANTIAGO" dende Sarria ata Santiago de Compostela, en varias etapas. Unha actividade lúdica, motivadora, cultural, de aventura e o máis importante, o fomento da autonomía, responsabilidade, compañerismo...


1ª ETAPA:  "Sarria - Ferreiros" 13 Km. 

2ª ETAPA: "Ferreiros - Portomarín 

3ª ETAPA: "Ligonde - San Xoán do Camiño"

4ª ETAPA:: "San Xoán do Camiño - Melide"

5ª ETAPA: "Melide - Arzúa"

6ª etapa: "Arzúa - O Empalme"

7ª ETAPA: O EMPALME - LAVACOLLA

8ª ETAPA: LAVACOLLA - SANTIAGO DE COMPOSTELA



NORABOA CAMPEÓNS!! OBXECTIVO ALCANZADO!!

PFPP Implementación do Plan Dixital de Centro

 Formación do profesorado sobre a implementación do Plan Dixital do Centro impartido por Jairo Campo. 👋👋👋👌


 FORMACIÓN DO PROFESORADO NOS ENCONTROS DO PLAMBE 2023

Puede ser una imagen de 8 personas y personas de pie

CRUZ VERMELLA DE LUGO

 Charla sobre PRIMEIROS AUXILIOS e mostra do equipamento dunha ambulancia a todos os nenos/as de Infantil e Primaria impartida pola CRUZ VERMELLA de Lugo. Grazas!



DÍA DA ÁRBORE 2023

 O longo desta semana, co gallo da celebración do DÍA DA ÁRBORE (21/03/2023) todos os nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria plantaron diferentes árbores froiteiras (pereiras, figueiras, maceiras), cipreses e plantas ornamentais nos espazos verdes do noso centro.



viernes, 17 de marzo de 2023

SAÍDAS CULTURAIS 22/23

O xoves 15 de decembro de 2022,  todos os nenos/as de Educación Infantil acompañados polas súas profes e a coidadora do cole, fixeron a súa primeira saída ó AQUARIUM FINISTERRAE - Coruña. Un centro público de ciencia dedicado á educación medioambiental e á divulgación científica de temas mariños. Unha viaxe máxica!!

   EDUCACIÓN INFANTIL

    👐👐👐👐


Os nenos/as de 1° e 2° de E.P desprazáronse ata Lugo para asistir a obra de teatro "Só" no Auditorio Gustavo Freire. Actividade proposta por Afundación Abanca.

1º/2º EDUCACIÓN PRIMARIA

                                                                           💓💓

Saída dos nenos/as de 3°e 4° curso de E.P ó Auditorio Gustavo Freire de Lugo para asistir á obra de teatro: "Nautilus, 20.000 leguas de viaje submarino" Actividade proposta por Afundación Abanca

 3º/4º EDUCACIÓN PRIMARIA


 👌👌👌