O día 23 de abril, celebramos o DÍA MUNDIAL DO LIBRO, e aínda que a lectura se practica todos os días, este día quixémolo celebrar en especial.
Organizamos un OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS personalizados con todos os nenos/as do centro para que os utilicen á hora de ler.
Son tantos os beneficios da lectura nos nenos/as e adultos que debemos de inculcar este hábito dende moi pequenos/as, e iso é o que pretendemos dende a nosa biblioteca e dende as propias aulas a través das bibliotecas de aula.
Os nenos/as de 6º curso grabaron o longo do mes de abril as súas recomendacións dos libros escollidos por eles mesmos para ler. "BOOKTUBERS" (VER)
Os nenos/as de 2º curso tamén quixeron ser booktubers e grabaron as recomendacións dos seus libros favoritos. Asemade para o fomento da lectura realizaron TEATRO CON SOMBRAS relacionado co conto A QUE SABE A LÚA. Un traballo xenial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario