miércoles, 9 de noviembre de 2022

PROXECTO "NINGÚN ARO SEN REDE"

 O noso centro participará o longo deste curso nun  proxecto social, solidario e de difusión dos valores do deporte "NINGÚN ARO SEN REDE" levado a cabo pola FUNDACIÓN BREOGÁN. 

Na súa visita ó cole, Salva Arco e Ana Traseira, explicáronlles os nenos/as de 5º e 6º de Educación Primaria  en que consistía dito proxecto. Reciclar material escolar para seguir facendo redes...

O noso compromiso en dito proxecto foi agasallado con 6 redes para as canastras do cole, un lápis para cada neno e 10 carteis do equipo lucense.

  Grazas a Salva Arco e a Ana Traseira pola súa visita.  👏👏👏👏

                           


Puede ser una imagen de 26 personas, personas de pie e interior  

No hay comentarios:

Publicar un comentario