Este ano, para celebrar as Letras Galegas e o Día Internacional das Familias, que tamén se celebrou ese mesmo día, o Equipo de Dinamización preparou un agasallo moi especial para todo o alumnado: uns marcapáxinas de bolboretas. Elixiuse esta figura por ser Begoña Caamaño a escritora homenaxeada polas Letras Galegas. No seu libro máis famoso, Morgana en Esmelle, as bolboretas son un símbolo de maxia e liberdade.
Ademais, para poñerlle ritmo ao día, as aulas de 3º tiveron a sorte de contar con Sofía, que tocou o acordeón e encheu de baile e música a súa aula.
Utilizaremos os recursos dixitais de SEMINARIO GALÁN
Hoxe, 29 de maio, celebramos no colexio o Día dos Maios, unha xornada dedicada a manter vivas as nosas tradicións e dar a benvida á primavera.
Esta festa foi o resultado de varias semanas de traballo previo, nas que os alumnos e alumnas colaboraron activamente para construír e decorar o maio, así como para preparar os distintos murais que vestiron o centro para a ocasión, ademais de ensaiar as cancións e os bailes que formaron parte da celebración.
Xa no día de hoxe, a actividade principal tivo lugar arredor dese maio; alí, os alumnos e alumnas compartiron o protagonismo lendo varias coplas, cantando cancións tradicionais e participando nos distintos bailes preparados para a ocasión. Para rematar, unha alumna de terceiro de primaria tocou unhas pezas musicais que animaron a bailar a todos os presentes, pechando a conmemoración cun ambiente moi agradable.







No hay comentarios:
Publicar un comentario