O alumnado de 2º curso xunto coa súa mestra, realizaron un OBRADOIRO de pintado de camisetas. Cada un escribiu o nome do resto dos seus compañeir@s na súa camiseta. Todo un reto e que ben lles quedaron!!👋
sábado, 19 de junio de 2021
domingo, 13 de junio de 2021
domingo, 6 de junio de 2021
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Unha boa forma de conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente (5/06/2021) é contribuír ao coidado da nosa natureza e loitar contra o cambio climático. Se todos poñemos da nosa parte, con proxectos e iniciativas propias, lograremos un futuro máis sostible.
Dende o noso centro quixémolo celebrar de varias maneiras: recollemos lixo dos nosos espazos verdes, realizamos actividades na natureza e fixemos un mural con distintos traballos realizados polo noso alumnado.
jueves, 20 de mayo de 2021
AS VIAXES DE RABADÍN POR EUROPA
PROXECTO FINAL 20/21
"BIBLIOPEDRAIUS"
Como xa sabedes todo o que comeza, remata! e, a estas alturas do curso, damos por finalizados todos os traballos realizados ó longo do mesmo sobre as viaxes da nosa mascota da biblioteca por Europa.
Un traballo inmenso no que todo o alumnado e profesorado se involucraron con moito esforzo, ilusión, confianza e seguridade.
Un proxecto documental integrado e interdisciplinar onde se pescudaron moitos dos países que conforman o continente europeo utilizando diversas fontes, tanto dixitais como impresas e moitos fondos documentais que se adquiriron para a nosa biblio sobre este tema.
Deixámosvos un video onde se inclúen todos os traballos realizados por todos os alumnos/as do cole. Espareramos que o desfrutedes! 😍
PROXECTO COMPLETO 20/21
LETRAS GALEGAS 2021
O día 14 de maio celebramos o día das LETRAS GALEGAS 2021 para homenaxear a unha escritora galega XELA ARIAS.
Todos os nenos/as do noso centro xunto cos mestres/as quixemos participar en dita celebración facendo un mural sobre o libro "NON TE AMOLA" onde debuxaron e escribiron o capítulo "Meu avó Pedro baixaba na bicicleta".
Asemade, os nenos/as de 2º de E.P simularon unha entrevista a esta escritora e grabaron o seu contido. UN PODCAST moi elaborado e traballado.
NORABOA!!
PODCAST XELA ARIAS
sábado, 8 de mayo de 2021
DÍA DE EUROPA
O día 7 de maio, como motivo de celebración do día de Europa, e debido a que o proxecto realizado durante este curso 20/21 estivo relacionado con este continente "As viaxes de Rabadín por Europa" quixemos rematar dito traballo facendo unha exposición de todos os traballos realizados por cada curso ó longo do ano. A exposición realizouse nos corredores do noso centro e nas aulas.
Un traballo realizado con moito esforzo e ilusión tanto polo alumnado como polo profesorado.
Deixámosvos algunhas das fotos e vídeos realizads, o proxecto completo poderédelo ver máis adiante nun vídeo o que conterá todos os traballos de todos os cursos.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O BULLYING E O ACOSO ESCOLAR
Co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar e o bullying nos nenos/as e xóvenes a nivel mundial. Así como buscar os mecanismos para evitar este mal, que a día de hoxe, esta a ser un terrible perigo para a población infantil e xuvenil, dende o noso centro e a través do Plan director de convivencia escolar levouse a cabo unha videoconferencia coa garda civil de Lugo sobre este tema co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
sábado, 24 de abril de 2021
HORTO ESCOLAR
Aproveitando os espazos verdes do noso colexio, creamos un HORTO ESCOLAR, un lugar onde todos os nenos/as de Infantil e Primaria, ao longo desta semana, plantaron e regaron os seus propios vexetais. Un aprendizaxe moi enriquecedor en todos os aspectos mentras se divirten!







