Aproveitando os espazos verdes do noso colexio, creamos un HORTO ESCOLAR, un lugar onde todos os nenos/as de Infantil e Primaria, ao longo desta semana, plantaron e regaron os seus propios vexetais. Un aprendizaxe moi enriquecedor en todos os aspectos mentras se divirten!
sábado, 24 de abril de 2021
DÍA MUNDIAL DO LIBRO (23/04/21)
miércoles, 10 de marzo de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da muller, xa que, as mulleres do mundo desexan e merecen un futuro igualitario sen estigmas, estereotipos nin violencia; un futuro que sexa sostible, pacífico, con igualdade de dereitos e oportunidades para todas as personas. A fin de lograr este obxectivo, o mundo necesita mulleres valentes e que tomen decisións.
Por isto, no noso centro todos os nenos/as buscaron información sobre mulleres europeas que deixaron pegada e que grazas a elas seguimos evolucionando positivamente pero aínda con lentitude. Con todas estas mulleres fixemos unha colmea, xa que, como as abellas, xuntas lograremos avanzar!
Asemade, tamén se organizaron obradoiros de cociña, manualidades e proxectouse "Igualdad de género".
Achegamos tamén un listado de lecturas recomendadas sobre esta conmemoración e unha serie de cortos para educar na igualdade de oportunidades e outros valores. Esperamos que vos gusten e que poidades ler en familia.
LECTURAS RECOMENDADAS
viernes, 5 de marzo de 2021
O CAMIÑO DE SANTIAGO
Unha forma de practicar actividade física, de descubrir diferentes paisaxes e de coñecer todo tipo de especies de fauna e flora.
Unha aventura que deixará pegada en todos nós!!
1ª ETAPA: LUGO - BACURÍN
(5/03/2021)
2ª ETAPA: BACURÍN - PONTE FERREIRA
(16/03/2021)
3ª ETAPA: PONTE FERREIRA - VILOURIZ
13/04/21
4ª ETAPA: VILOURIZ - MELIDE
27/04/21
6ª ETAPA: O EMPALME - LAVACOLLA
27/05/2021
7ª E ÚLTIMA ETAPA: LAVACOLLA - SANTIAGO
10/06/2021
martes, 2 de marzo de 2021
jueves, 25 de febrero de 2021
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (24/02/21)
ÁNIMOO!
IMOS COÑECER UN POUCO QUE FOI DE ROSALÍA DE CASTRO
sábado, 13 de febrero de 2021
AS VIAXES DE RABADÍN POLO MUNDO: EUROPA .
Queridas familias, aquí vos deixamos un taboleiro cos contidos a traballar no noso centro sobre as "Viaxes de Rabadín polo mundo". Este curso centrarémonos no Continente Europeo.A nosa mascota da biblioteca "Rabadín" viaxará por distintos países europeos para descubrir, coñecer e investigar as costumes, a gastronomía, a cultura, as paisaxes, as festas, os traxes típicos ... de cada un deles. Será moi interesante e divertido.
FONDOS DOCUMENTAIS ADQUIRIDOS PARA O PROXECTO 20/21



