O día 7 de maio, como motivo de celebración do día de Europa, e debido a que o proxecto realizado durante este curso 20/21 estivo relacionado con este continente "As viaxes de Rabadín por Europa" quixemos rematar dito traballo facendo unha exposición de todos os traballos realizados por cada curso ó longo do ano. A exposición realizouse nos corredores do noso centro e nas aulas.
Un traballo realizado con moito esforzo e ilusión tanto polo alumnado como polo profesorado.
Deixámosvos algunhas das fotos e vídeos realizads, o proxecto completo poderédelo ver máis adiante nun vídeo o que conterá todos os traballos de todos os cursos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario