O longo desta semana (7 - 11 abril) co gallo da Semana da prensa con moitas actividades a nivel de aula.
Todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria recibiron un xornal ´"El Progreso" coa colaboración desta entidade e o Concello de Rábade para traballar distintos tipos de noticias.
Eliximos diversas seccións habituais do xornal: Primeira páxina, A Fondo, Galicia, España, Internacional, Economía, Sociedade, Cultura, Deportes, Pasatempos, TV, Última páxina...
En Educación Infantil os nenos/as de 4 anos fixeron unha colaxe "HOXE SOMOS XORNALISTAS" e en Educación Primaria leron e buscaron noticias relacionadas coa actualidade no noso país e no continente americano tanto no xornal como a nivel dixital. Buscaron todo tipo de xornais de todo o mundo... Proxecto no que estamos a traballar este ano "Rabadín viaxa por América".
No hay comentarios:
Publicar un comentario