O noso centro participará o longo deste curso nun proxecto social, solidario e de difusión dos valores do deporte "NINGÚN ARO SEN REDE" levado a cabo pola FUNDACIÓN BREOGÁN.
Na súa visita ó cole, Salva Arco e Ana Traseira, explicáronlles os nenos/as de 5º e 6º de Educación Primaria en que consistía dito proxecto. Reciclar material escolar para seguir facendo redes...
O noso compromiso en dito proxecto foi agasallado con 6 redes para as canastras do cole, un lápis para cada neno e 10 carteis do equipo lucense.
Grazas a Salva Arco e a Ana Traseira pola súa visita. 👏👏👏👏
No hay comentarios:
Publicar un comentario