O día 3 de decembro conmmemoramos no noso centro "O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE". Toda a Comunidade Educativa (persoal docente, non docente, nenos/as e por suposto, a colaboración das familias) sumouse á proposta:
"TOD@S BAIXO O MESMO PARAUGAS",
para que a sociedade teña en conta os dereitos e o benestar destas persoas en todos os seus ámbitos e concenciar do mesmo xeito, da súa situación en todos os aspectos da vida.
Foi unha xornada de reflexión e concienciación na que intentamos facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, e que tod@s nalgún momento das nosas vidas, a podemos experimentar de forma temporal ou permanente. Por iso con esta celebración, queremos que se garantice a integración e a igualdade destas persoas.
Deixámosvos un vídeo con traballo realizado.
GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario