Un curso máis e xa sae á luz o novo calendario ESTIÑO. Este ano está adicado ao RÍO.
Ó noso centro tocoulle debuxar o MEXILLÓN DE RÍO e o debuxo elixido foi o dunha nena de 5º de E. Primaria. NORABOA!
Sabedes por que o calendario se chama Estiño? polos anos 70 un grupo de mestres/as das escolas unitarias da provincia de Lugo empezaron a compartir experiencias, recursos e problemáticas sobre a escola no rural. Así naceu en Lugo o Colectivo Pedagóxico Estiño en 1983.
Na actualidade o seu traballo segue vinculado ao estudo dos distintos aspectos da Cultura Galega, polo seu valor e a súa supervivencia.
Os calendarios póñense á venda e o diñeiro recaudado destínase a financiar proxectos.
NORABOA A TOD@S!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario